Alcumes de Padrenda para celebrar o Día da Lingua Materna

Para celebrarmos o Día da Lingua Materna, o alumnado de Padrenda recolleu unha chea de alcumes en cadansúa aldea, barrio ou casal. 

Dende María dos Carallos, pasando polo Catroportas ou o Setecús... case todas os currunchos das parroquias de Padrenda quedaron representadas a través dos sobrenomes das súas veciñas e veciños. O alumnado recolleu alcumes en Coucieiro, a Frieira, Vilar, Lordelo... Mesmo en Cortegada ou en Crecente.

Con todos os nomes recollidos fixemos un mural na entrada do centro co que quixemos render homenaxe á nosa lingua e á nosa contorna, mentres faciamos unha instantánea do enxeño da xente de Padrenda para nomear as súas veciñas e veciños.




Comentarios

Publicacións populares