As personaxes do Nadal chegan a Padrenda

Este ano quixemos investigar sobre as personaxes tradicionais do Nadal doutros pobos da península, alén do galego 🎄

Así, a rapazada de Infantil e de 1º e 2º de Primaria investigou sobre o Apalpador; en 2º e 3º centráronse no Olentzero; en de 5º e 6º elaboraron os seus propios tiós de Nadal (e mesmo cantaron a canción do Caga Tió!); a rapazada de 1º ESO investigou sobre l'Anguleru asturiano; en 2º sobre l'Esteru cántabro (as súas amigas as anjanas, e os seus inimigos, os ojáncanus); en 3º sobre a Chicharrona das Hurdes; e en 4º fixeron unha investigación sobre a relación que existe entre o Apalpador galego e o Tientapanza de Écija (Andalucía).

 


O 19 de decembro, pola tarde, fixemos a presentación dos nosos traballos de investigación, e mesmo contamos cunha visita do apalpador, que foi entrevistado en directo e repartiu agasallos, logo de palparlles a barriguiña ás crianzas máis pequerrechas. O alumnado de 5º e 6º fixo unha demostración de como se lle debe cantar ao caga tió para que deixe os seus agasallos por baixo da manta que o cobre, e resto do alumnado expuxo as súas propias investigacións. 

Baixo estas liñas vemos a rapazada de 2º ESO facendo o seu mural e, sobre estas liñas, o mural do alumnado de 5º e 6º de Primaria, coa canción do Caga Tió.

Tamén temos imaxes da entrevista ao Apalpador, e as exposicións do alumnado de 2º ESO e de 4º ESO:




Comentarios

Publicacións populares