Este ano o calendario do cole tamén está en portugués!

Xa temos á disposición da comunidade educativa o noso novo calendario 2024.

Foi deseñado polo profesor Jorge Santiago García, do Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, coa colaboración das rapazas e rapaces do centro. 

Os libros e a lectura son os protagonistas, postos na voz de escritoras de sona de todo o mundo. Este ano, ademais de recollermos as citas das escritoras en castelán e en galego, achegámolas en portugués, a nosa lingua veciña, falada por parte da comunidade educativa de Padrenda-Crespos.

Comentarios

Publicacións populares