Polo Día de Rosalía... caldiño de gloria!
O primeiro prato do xantar do venres 23 de febreiro foi unha homenaxe ao Caldo de Gloria de Rosalía de Castro.
Para degustar este prato rosaliano, todo o alumnado realizou o seu gardamantel con poemas de Rosalía de Castro, imaxes da poeta ou deseños ao seu gusto. E houbo pratos dourados para a ocasión!
Dende o EDLG agradecemos ao persoal da cociña a súa axuda na elaboración deste caldiño poético e saboroso.
Comentarios
Publicar un comentario