Onde está Marie? Xincana sobre mulleres científicas e inventoras
En febreiro o alumnado de Secundaria e o de 5º e 6º de Primaria xogou a Onde esta Marie?, un xogo ao xeito dunha xincana en que debían responder unhas 20 preguntas sobre científicas e inventoras de todos os tempos e tentar encontrar, no menor tempo posible, a Marie Curie.
O xogo foi creado polo EDLG e a Biblioteca para a celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro), e desenvolveuse durante varios días, pois os cinco equipos dispuñan de 25 minutos para resolver as pistas e dar coas respostas correctas.
Ao xeito de Onde está Wally?, Curie e as outras científicas, estaban agochadas entre os libros da biblioteca, e entre varias figuras científicas masculinas que servían de engano que a rapazada debía sortear para chegar ás respostas.
Dous foron os equipos que resultaron gañadores, pois empataron a puntos ao teren todas as respostas correctas e ao encontraren a Marie Curie no menor tempo posible. Os equipos gañadores foron o 1 -formado por Gabriela (2º), Rubén (4º), Rubén (2º), Yago (1º), Verónica (3º) e Kathy (1º)-; e o 5 -formado por Julián (4º), Uxía (3º), Rubén (1º), Ricardo (4º), Gabriel (2º) e Haidée (3º)-. Parabéns!
Comentarios
Publicar un comentario