Celebramos maio co proxecto Poesía Xeolocalizada

 

Esta imaxe, dos montes da Serra do Leboreiro ollados dende Crespos, sérvenos de cabeceira deste blog, pero tamén para axudarnos a contarvos en que vai consistir o proxecto Poesía Xeolocalizada, no que vai participar a rapazada da ESO do noso centro.

Durante o mes de maio iremos compartindo neste blog diversos poemas xeolocalizados nos concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada ou Crecente... Cada alumna e alumno tomou unha fotografía nun lugar concreto, o seu favorito, e acompañouna dun texto poético propio, relacionado con ese lugar. 

Finalmente, compartiu connosco as coordenadas deste poema e desta imaxe, para que poidamos visitar este lugar tan especial cando desexemos, e compartir o que para elas e eles significa.

Benvidos á Poesía Xeolocalizada!



Comentarios

Publicacións populares