Poesía Xeolocalizada: Campo de margaridas

 

Tan soa e á vez tan acompañada

 
Un mar de flores a metros da miña morada,
Flores que amortecen cada unha das miñas 
/ pisadas,
Que fan que a miña mente se faga máis lixeira, acolchada.

Cantar, berrar, tocar, chorar
Verbos sen sentido que me fan pensar
Como é que un mar de flores desfaga o meu pesar?
Como tórrido vento ao soprar, coma unha morea de nubes pisar

Que me sinto soa?
Pois alí están elas para me escoitar.
Que non me sinto?
Pois alí están elas para me axudar.

Tan vivas e á vez tan caladas 
Que unha vez ao mes se ven devoradas
Por un ser de odio empapado
Que non sente o que sinto, ou non o quere sentir.
 
 
Noa Montero Álvarez (2º ESO)
 
 
 

Comentarios

Publicacións populares