Eu ben vir estar o moucho... Celebramos a Rosalía en Crespos!

 

Este ano celebramos o Día de Rosalía o venres 21 en Crespos, cunha chea de actividades en que participou todo o alumnado e o persoal do comedor.

O curso pasado comezamos a tradición de comer caldo de gloria neste día, e este curso volvemos repetir menú, co caldiño do que Rosalía fala no seu poema Miña casiña, meu lar. Eis tedes ao alumnado, comendo un caldo literario moi rico!


Ademais, as rapazas e rapaces de Primaria fixeron un gran mural co poema Eu ben vin estar o moucho, que Rosalía de Castro incluíu no seu primeiro libro, Cantares Gallegos (1863), e que protagoniza unha moza e máis un moucho que a asusta nunha noite de tebras, un mouchiño coma o noso amigo Moncho, mascota oficial da nosa biblioteca. Baixo estas liñas podedes ver unha imaxe do mural:

E, mentres o alumnado de Secundaria traballaba con poemas da autora, o alumnado de 5º e 6º traballou cun dos textos rosalianos máis coñecidos, Adíos ríos, adiós fontes, mais xogando co dicionario a cambiar algunhas palabras, e creando un poema totalmente distinto coma os que veredes a seguir:


 
 

Comentarios

Publicacións populares