Poesía Xeolocalizada: a carón da Capela do Cruceiro Quebrado, en Crecente
No profundo monte
habitaba un crocodilo
que vivía tranquilo,
pero iso foi onte.
Estalou a guerra
entre homes e bestas.
e o crocodilo
viuse involucrado nela.
Defendeu o seu fogar,
loitou contra as bestas
mais non perdeu a cabeza
Os humanos conmovidos
pola súa nobreza
pelexaron xuntos
contra a maleza.
Combateu contra a Medusa
mais non puido con ela,
e tras a inmensa batalla
o crocodilo converteuse en pedra.
Os humanos gañaron a guerra
e para o seu amigo caído
plantaron unha santa cruz
na honra da súa proeza.
Ricardo Moreira Santos (4º ESO)
Comentarios
Publicar un comentario