Poesía Xeolocalizada: Lavadeiro de Coucieiro

 


O tempo é lento,
aínda máis se o esperas.
É coma esperar sentado.
Sentado cada día nesa fonte.

Esperando un cambio de resposta,
sabendo que é inútil.
Só porque a súa voz era como
unha fonte nun deserto moi seco.

As persoas cambian,
o tempo non espera
como o esperas ti.
 
                                         Gabriela Codias Domínguez (2º ESO) 

Comentarios

Publicacións populares