Novo curso, novas actividades! Comezamos coa celebración do Samaín en Padrenda
O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no CPI de Padrenda-Crespos con actividades para toda a rapazada.
Pola mañá realizamos un concurso de maquillaxe de Samaín, e demos os premios do concurso que organizamos, xunto co equipo da Biblioteca, de epitafios terroríficos e divertidos.
Pola tarde, a rapazada do Club de Ciencia fixo unha misteriosa apócema, e as rapazas e os rapaces da ESO viron un filme perfecto para a data: Sleepy Hollow, de Tim Burton.
Eis algunhas imaxes dos epitafios terroríficos e divertidos que o alumnado elaborou para o concurso:
Comentarios
Publicar un comentario