Gañadores e gañadoras do concurso de nadaliñas

O alumnado de Primaria do noso cole fixo a man as súas nadaliñas para participaren no concurso organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O único requisito para participar era que estivesen escritas en galego e tivesen un desexo de Nadal, un conto ou un poema.


 


O xoves, 19 de decembro, entregamos os premios ás gañadoras e aos gañadores. Aquí vos deixamos os nomes das persoas premiadas e algunhas fotografías da entrega de premios:

- Ángela, de 1º

- Luis Yago, de 2º

- Larissa, de 3º 

- Ainara, de 4º

- Abigail, de 4º

- Adrián, de 6º 

 

Ademais, todo o alumnado participante recibiu un premio especial de Nadal. Parabéns a todxs. 

Pasade moi boas festas!!!


Comentarios

Publicacións populares