Máis libros en portugués para a nosa biblioteca!
📖 🇵🇹 Dende o Departamento de Lingua Galega, o EDLG e máis o equipo da Biblioteca Juana Capdevielle decidimos adquirir novos libros en lingua portuguesa para que a rapazada poida achegarse á lusofonía tamén na Hora de Ler ou no tempo de lecer.
Ademais dos que xa tiñamos, deixámosvos aquí algúns dos volumes que poderedes encontrar na vosa biblioteca: novos libros de Coelho vs. Macaco, o volume 2 de Heartstoppers e mesmo dous volumes de O club das Princesas Amaldiçoadas. Bótalles unha ollada e anímate a ler en portugués!!! 📖 🇵🇹
Comentarios
Publicar un comentario