Comezamos, un ano máis, coa POESÍA XEOLOCALIZADA!

 


 

Durante o mes de maio iremos compartindo neste blog diversos poemas xeolocalizados nos concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Cañiza ou Crecente... Cada alumna e alumno de 1º ESO tomou unha fotografía nun lugar concreto, o seu favorito, e acompañouna dun texto poético propio, relacionado con ese lugar. 

Finalmente, compartiu connosco as coordenadas deste poema e desta imaxe, para que poidamos visitar este lugar tan especial cando desexemos, e compartir o que para elas e eles significa.

Benvidos á Poesía Xeolocalizada 2025!

Comentarios

Publicacións populares