CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN
Onte,
día 30 de novembro, entre as 12h 35' e as 14h 15', levouse a cabo na Biblioteca
“Juana Capdevielle” do CPI de Padrenda – Crespos o concurso de relatos de medo
organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. No
devandito evento o alumnado de Educación Primaria e Secundaria participante lía
cadansúa historia terrorífica, sendo valorada por un xurado composto por dous
alumnos de 3º ESO e o profesorado de Lingua Castelá e Literatura e Lingua
Galega e Literatura. Ao final da lectura dos relatos, o xurado deliberou quen foron
os tres mellores relatos do alumnado de Educación Primaria e as tres mellores
narracións do alumnado da ESO, aos que se lle entregaron o seu premio. E para o
resto de participantes tamén houbo un agasallo: lambetadas coa temática do
Samaín. Velaquí, algunhas imaxes do evento:

.jpg)
.jpg)


Comentarios
Publicar un comentario