No CPI de Padrenda - Crespos non paramos! Pasamos das linguas á literatura feita por mulleres! O vindeiro 17 de outubro imos celebrar o Días das escritoras. Nesta actividade o alumnado da ESO terá que escoller unha escritora das literaturas nas linguas castelá, galega, inglesa e portuguesa. Logo facer unha pequena pescuda sobre a mesma seguindo un guión de preguntas dadas. E se o consegue recibirá como agasallo unha chapa coa imaxe da escritora que tivo que investigar.


Comentarios

Publicacións populares