DÍA DA CONSCIENCIA NEGRA


    E o CPI de Padrenda - Crespos non para! Hoxe, 20 de novembro, o noso centro, desde a súa aposta polo achegamento á Lusofonía, celebra unha conmemoración moi célebre no Brasil: O Día da Consciencia Negra, unha festividade que desde a reflexión se quere pór fin a unha lacra aínda presente na sociedade brasileira: o racismo. Pois ben, desde esta escola, concretamente, o alumnado da ESO fixo esta colaxe para render unha homenaxe a esta devandita celebración así como sumarse a esa loita en prol da diversidade e igualdade étnicas e como un xesto de solidariedade coa sociedade brasileira.

Comentarios

Publicacións populares