DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe é 23 de Febreiro, Día de Rosalía de
Castro. E o CPI de Padrenda - Crespos conmemorou este día pondo no menú do
comedor o famoso "Caldo de Gloria" que se menciona no poema
"Miña casiña, meu lar" de Rosalía de Castro.
A maiores, como forma de homenaxe á escritora
máis importante das letras galegas, un pequeno grupo de estudantes de 1º ESO e
2º ESO fixeron un videopoema recitando a composición “Miña casiña, meu lar”, acompañada de imaxes do “Caldo de Gloria” mentres que o alumnado de 5º e 6º Primaria crearon outro recitando o poema "Pra a Habana!", acompañado de imaxes da diáspora galega cara América.


Comentarios
Publicar un comentario