FESTEXANDO O ENTROIDO!

 Chegou o Entroido e o CPI de Padrenda - Crespos non se quedou atrás! Concretamente, aproveitando esta festividade, tamén fixemos dinamización da lingua galega.

Por unha banda, o alumnado de 5º e 6º primaria elaborou un mural sobre os Entroidos Galegos mentres que o alumnado da ESO fixo outro mural sobre os Entroidos na Lusofonía.

Por outra banda, levouse a cabo unha mostra gastronómica galego – portuguesa con temática carnavalesca, onde todo membro da comunidade educativa podía participar cun prato ou unha sobremesa que debía vir xunto a cadansúa receita escrita en galego ou portugués. A maiores, había un concurso para escoller as mellores mostras gastronómicas que se presentasen, as cales recibiron un premio.

E para rematar, coa axuda da ANPA, fixemos dúas figuras tan simbólicas do Entroido Galego: o Meco e a Meca.



 








Comentarios

Publicacións populares