25 DE ABRIL, DÍA DA REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS
Hoxe é 25 de abril, Día da Revolución dos Caraveis, un feito histórico, onde Portugal deu un grande exemplo ao mundo de como poñer fin a 48 anos dunha ditadura férrea que mantivo a Portugal nun escurantismo e atraso, tal como foi o réxime salazarista. Tras esta data Portugal comezou unha andaina da que se cumpren 52 anos de progreso, igualdade e liberdade.
Como forma de homenaxear este feito histórico, o alumnado da ESO do CPI de Padrenda - Crespos fixo a seguinte colaxe composta de imaxes, recortes de prensa e obras centradas na Revolución dos Caraveis. Alén diso, elaborou un video composto de imaxes sobre este feito histórico, acompañado da canción "Grândola Vila Morena", o himno da Revolución dos Caraveis, mais non interpretada polo seu autor, José Afonso, senón por unha muller que co seu canto simbolizou a Alma de Portugal, a Raíña do Fado, Amália Rodrigues.
Viva o 25 de Abril por sempre!


.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario