SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas 2026 estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño e CPI de Padrenda - Crespos non se quedou atrás en canto ao seu festexo.

En primeiro lugar, penduráronse os carteis que a Secretaría da Lingua enviou ao centro cunha versión para Educación Infantil e Primaria e outra para Educación Secundaria.


En segundo lugar, o alumnado da ESO fixeron uns videorrelatos do capítulo "Da voz de Morgana", pertencente á novela Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño.



En terceiro lugar, o 15 de maio a ANPA Xurés e Reme coa súa furgoteca desenvolveron unha serie de actividades para o alumnado de Educación Infantil e Primaria: un pasapalabra sobre a biografía de Begoña Caamaño, sesión de debuxos para os máis cativos e lecturas compartidas.

En cuarto lugar, o 18 de maio, o alumnado de Educación Infantil, Primaria e 1º ESO viaxou con Xosé da compañía de teatro "A xanela do maxín" e grazas á súa máquina do tempo. A rapazada participou activamente no espectáculo descubrindo a vida e a obra de Begoña Caamaño, mais tamén doutros persoeiros da literatura galega como Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Pondal, María Mariño ou Rosalía de Castro.


E rematamos a celebración desta festividade, hoxe 22 de maio coa entrega dos premios do concursos de relatos en galego, onde o gañador recibiu un exemplar da novela Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño e os restantes participantes uns cadernos artesanais. A maiores, o alumnado de 4º, 5º e 6º Educación Primaria recibiron pola súa participación un xogo de mesa chamado "Picapau" para que pasen momentos de lecer na aula.



Comentarios

Publicacións populares