SEÑORITA PADRENDA
Hoxe, venres 12 de xuño, tivo lugar o "Señorita Padrenda", unha parodia dos concursos de beleza, protagonizada por algunhas nais do noso alumnado, que representaban a algunha das aldeas pertencentes ao concello de Padrenda. Neste evento houberon un desfile con batas da avoa, outro con traxes de gala, unha quenda de preguntas e respostas (cheas de retranca, humor e enxebreza galega), sendo o público presente o xurado do concurso, que deliberou quen gañaba as bandas especiais de “Señorita Choni”, “Señorita Bareixa”, Señorita Toxo”, “Señorita Entroido” así como o título de “Señorita Padrenda”.

.jpg)
.jpg)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario